BNG, Espazo Común e PP piden un pleno extraordinario

IES CHAMOSO LAMAS

NOTA CONXUNTA DE BNG,PP e Espazo Común

OS TRES PARTIDOS DA OPOSICIÓN NO CARBALLIÑO ESIXIREMOS A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO PARA ACLARAR A FARSA DA PERDA DO OBRADOIRO

OZOCOgz Deseño Galego

Realidade non hai máis ca unha e, por moito que o alcalde do Carballiño se empeñe en retorcela e tentar disfrazala, no caso do Obradoiro de Emprego é que a convocatoria feita pola Xunta de Galicia no ano 2019, perdeuse por primeira vez en moitos anos, pola pésima xestión feita dende o Concello.

Xa foron varias e moi diferentes as excusas dadas polo goberno municipal, incluso contradicíndose entre o alcalde e o concelleiro de Emprego no mesmo día en medios de comunicación diferentes, facendo ver primeiro que non se perdera e culpando ao Concello de Boborás despois.

O cénit da falsidade chegou ao longo do pleno celebrado o pasado xoves no que o alcalde Fumega, nun alarde de surrealismo, negou ata en dúas ocasións que se tivera perdido o Obradoiro de Emprego e recoñeceu noutras dúas que, efectivamente, este non tería lugar.

Nunha nova tentativa de burda manipulación, este pretende facer ver que co adianto da convocatoria para este ano 2020, xa queda solucionado pero a realidade é que namentres tódolos concellos terán un obradoiro no 2019 e outro obradoiro no 2020, O Carballiño, Maside, San Amaro e Boborás só contarán con este último, eso sí, sempre que non se volva a facer a mesma estrafalaria xestión que na solicitude do anterior.

O caos, as medias verdades, a sensación de improvisación e a falla de capacidade para resolver os problemas que se presentan no día a día da xestión municipal son unha clara evidencia que xa está fóra de toda dúbida e, lamentablemente, os perxudicados sempre son os mesmos, a veciñanza do Carballiño.

Ante a falla de explicacións verídicas e a, aínda máis grave, falla de asunción de responsabilidades, os tres partidos que formamos parte da oposición, imos rexistrar unha solicitude para esixir a convocatoria inmediata dun pleno extraordinario monográfico para aclarar tódolos puntos deste novo desastre dun goberno incapaz de cumprir tan sequerea coas súas obrigas máis básicas.