ABANCA, Afundación e o Concello da Pobra de Trives asinan o convenio para a mostra «Nós tamén fomos emigrantes»

O acto de rúbrica terá lugar mañá, venres 25 de xuño, na Dirección Territorial ABANCA Ourense

A exposición enmárcase no proxecto «Corrente cultural» que propicia a colaboración entre o Concello da Pobra de Trives, ABANCA e Afundación

AVANTAR ACTIVIDADES

24.06.2021. O Concello da Pobra de Trives, ABANCA e Afundación asinan mañá, venres 25 de xuño, o convenio para a realización, no mes de xullo da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». A acto de rúbrica terá lugar mañá, ás 11.45 h, na Dirección Territorial de ABANCA en Ourense (r/ do Paseo, 6), e contará coa asistencia de Cristina Paz Elías, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación e Cultura do Concello da Pobra de Trives; Diego Daniel Fernández Borrajo, director zona Leste Ourense de ABANCA; Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo.

A exposición, que se poderá contemplar entre o 21 de xullo e o 30 de agosto, recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.

Evento Sinatura do convenio para a realización da exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX»
Lugar Dirección Territorial ABANCA (r/do Paseo, 6)
Data e hora Venres, 25 de xuño ás 11.45 h
  Asistentes Cristina Paz Elías, concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación e Cultura do Concello da Pobra de Trives Diego Daniel Fernández Borrajo, director zona Leste Ourense de ABANCA Mateo Alonso San Román, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo