Gonzalo Caballero na súa visita a Carballiño destaca que “a militancia quere que defendamos a camiseta socialista”

IES CHAMOSO LAMAS

Gonzalo Caballero na súa visita a Carballiño destaca que “a militancia quere que defendamos a camiseta socialista e non supeditarnos a Feijóo e ás eléctricas”

Destaca “o apoio e a ilusión crecente” que atopa na militancia socialista por “seguir avanzando cun PSdeG na esquerda e o galeguismo”

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Sinala que “é hora de que o outro candidato deixe de escapar” e “acepte xa” un debate para contrastar proxectos

Gonzalo Caballero prosegue este domingo coa súa campaña de cara ás primarias do vindeiro sábado, percorrendo hoxe tres provincias para manter encontros coa militancia socialista de Ordes, Negreira, Porriño, Ponteareas e O Carballiño.

Nesas xuntanzas, como destacou, percibe “un apoio e unha ilusión crecente” por parte das bases do PSdeG. “Cada día atopo máis forza nunha militancia socialista que quere seguir avanzando co proxecto que eu represento, e non retroceder cos modelos das baronías”, subliñou.

“Percibo que somos máis os e as militantes socialistas que queremos seguir avanzando cun PSdeG na esquerda e o galeguismo”, sinalou quen encabeza un proxecto concibido “para gañar dentro, coa militancia, e gañar fóra, coa cidadanía galega”.

“Porque iso é o que queremos: construír un PSdeG forte ao servizo de Galicia”, destacou Gonzalo Caballero, quen engadiu que “a militancia quere que defendamos a camiseta socialista e non que nos supeditemos a Feijóo e ás eléctricas”.

DEBATES

Neste escenario, e a menos dunha semana de que se celebren as primarias, defendeu a necesidade de que se celebren debates entre os aspirantes á secretaría xeral do PSdeG.

“En democracia hai que debater”, recordou, polo que considerou que “é hora de que o outro candidato deixe de escapar” e “acepte xa” debater.

Trátase, como dixo Gonzalo Caballero, de “contrastar proxectos, modelos e traxectorias” perante a militancia, para que esta poida “votar en liberdade” o vindeiro día 30.