A Garda Civil detecta un repunte en infraccións moi graves por consumo de alcol ás portas do paso á segunda fase de desescalada.

En accesos á Cidade de Ourense dous homes arroxan senllas taxas de delito por alcoholemia, no Barco un home quintuplica a taxa máxima de alcol permitida, e en Villar de Barrio outro home arroxa unha taxa maior do dobre do permitido.

Ás 21 horas co peche da tarde de onte domingo e de forma simultánea en puntos diferentes de acceso á cidade de Ourense, foron detectados dous condutores con taxas que superaban o dobre das taxas máximas de alcol en aire expirado permitidas.
Un veciño de Ourense de 65 anos que circulaba pola OU-150 con dirección á cidade cando con motivo dun control de verificación recibiu o alto por parte de Axentes do Destacamento de Tráfico de Ourense. Efectuadas as verificacións oportunas, o condutor arroxou taxas de 0,70 mlg/ e 0.74 mlg/ l en aire expirado, case o triplo do permitido, motivo en base ao cal os Axentes instruíron as correspondentes dilixencias por un Delito contra a Seguridade Viaria. No vehículo viaxa xunto co condutor outro home e ambos incumprían as instrucións impostas polas Autoridades Sanitarias respecto do uso de máscaras, ao non residir no mesmo domicilio, polo que se confeccionaron as correspondentes actas de denuncia para remisión á Subdelegación de Goberno.
O vehículo sería inmobilizado no punto de control e os ocupantes continuarían viaxe nun taxi solicitado para o efecto polos Axentes.

AVANTAR ACTIVIDADES

De forma simultánea e en análogas circunstancias, Axentes do Equipo de Atestados do Subsector de Ourense detectarían a un cidadán brasileiro na estrada de Barra de Miño circulando en dirección a Ourense, con motivo da realización dun punto de control no que este condutor de 34 anos arroxaría taxas de 0.70 mlg/ l e 0.65, mlg/ l , taxa contemplada no Código penal como un delito contra a seguridade viaria por consumir baixo a influencia de bebidas alcohólicas, circunstancia que deu lugar ás correspondentes dilixencias para remisión a Xulgados de Ourense.

Outro condutor de 55 anos con domicilio en Segovia, seria detectado por Axentes do Destacamento de Verín, en Villar de Barrio na mañá de sábado con taxas de 0.68 mlg/ l e 0.62 mlg/ l, en aplicación á menor das rexistradas neste caso o ilícito tomase a vía administrativa como infracción moi grave cunha sanción de 1000 euros e detracción de 6 puntos do permiso de condución.

O cúmulo de despropósitos viarios na fin de semana pecharíase o domingo coa maior das taxas detectadas, neste caso no Barco, cando motoristas pertencentes ao Destacamento de Tráfico da devandita localidade observaron un vehículo circulando en Zig- Zag na estrada da Pobra ao Barco, motivo polo que procederon a identificalo, detectando que devandito condutor para maior abundamiento de riscos non facía uso do cinto de seguridade. Identificado como un veciño de Viana do Bolo de 38 anos, o home foi sometido ás correspondentes probas de impregnación alcohólica chegando a arroxar unha taxa 5 veces superior ao máximo permitido, 1.30 mlg/ l e 1.23 mlg/ l. Aínda que en todo momento mantivo unha actitude correcta e colaboradora, o home deberá responder #ante o Xuíza do Xulgado de primeira instancia en instrución do Barco, por un delito contra a seguridade de vial que puidese conlevar penas de prisión de 3 meses multas de ata 12 meses, servizos á comunidade e suspensión do permiso de condución de ata 4 anos.

A Garda Civil quere facer un chamamento á aplicación do sentido común, sempre que se fai necesario que actuemos con mesura na volta aos hábitos e rutinas, para evitar que no regreso á normalidade podemos vernos expostos a fatídicos desenlaces.