Terras de Breogan e a casa da Xuventude de Carballiño

Foro Social e Cultural Terras de Breogan, posicionase con respecto a Casa da Xuventude e afirman que a solución é temporal según as medidas optadas do goberno

Badal Novas recolle o comunicado da asociación con respecto á problematica plantexada polo goberno de Paco Fumega

Publicidade

CASA DA XUVENTUDE

Dende hai case duas décadas estamos a demandar, dende diversos colectivos xuvenís e culturais, unha Casa da Xuventude para o noso pobo. Foron varias propostas as que se fixeron o longo destos anos, como por exemplo no baixo da antiga “Casa do Gito” (na praza das galiñas), no baixo do Auditorio Municipal, “Casa Soto”, estación de autobuses e por último Edificio Sindical, e como ben sabedes rexistramos hai unha semana outra nova proposta: Casa Sindical e Centro Comarcal.

Os xovenes que eramos naquela época, tivemos o privilexio de desfrutar de instalacións recreativas, que empregabamos, tamén, como centro de reunión; cousa que a xuventude actual non dispón. Este tipo de espazos, aparte de ser zonas de ocio, tamén axudan a mocidade a ter unha maior cohesión social e non a obligala a estar espallada pola vila, sen outra cousa que facer.

Tras ler nos medios de comunicación a idea de acondicionar unha sala na Casa de Xuventude, concretamente no local destinado a biblioteca do Edificio da Casa da Cultura, como colectivo cultural agradecemos , que se poña na axenda municipal a inquedanza e demanda que teñen os nosos xovenes, pero creemos que esta medida non deixa de ser unha solución temporal, e que non corresponde coa problemática que se está a experimentar, aparte de que dalgunha maneira pode afectar a conciliación do estudio das/as usuarias/os da Biblioteca Pública, a mocidade necesita dun espazo propio. Reiteramos a petición de que por parte do responsable de área de xuventude e cultura, se convoque unha reunión cos distintos colectivos para a para buscar solución a esta vella demanda