Concilia Verán en Avión. Campamento

BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DE CONCILIACIÓN “CAMPAMENTOS”

Artigo 1. Ámbito de aplicación.

AVANTAR ACTIVIDADES

O ámbito de aplicación das presentes bases será a poboación menor con idades comprendidas entre os 3anos (1 ano de escolarización) e os 16 anos de idade.

Artigo 2. Concepto e obxectivos.

O Concello de Avión, crea este programa de conciliación co alumnado do CEIP Virxe de Guadalupe co fin de axudar ás familias na conciliación da vida persoal e laboral durante a época non lectiva e dada a actual situación de especial consideración por mor da crise do COVID-19 mantense as burbullas do colexio permitindo a incorporación dos/as irmáns o familiares que vivan no mesmo núcleo de convivencia. Preténdese, a través de actividades educativas e lúdicas, ofrecer aos nenos/as unha opción de tempo libre positiva, alternativa e divertida, e así, fomentar neles/as actitudes e valores positivos, tales como, a cooperación, a  solidariedade, igualdade,  e  o  respecto  mutuo,  creando  un  entorno  educativo  e  lúdico. Favorecer o seu desenvolvemento a través do xogo, a convivencia en grupo e a realización de actividades adaptadas ás súas necesidades.

Artigo 3. Requisitos:

Poderán optar a ser usuarios deste programa aqueles nenos e nenas que cumpran cos seguintes requisitos:

–     Estar escolarizados/as no CEIP Virxe de Guadalupe, máis os/as irmáns o familiares do núcleo de convivencia.

–     Ter unha idade comprendida entre 3 (1 ano de escolarización) e 16 anos.

–     Estar empadroados no Concello de Avión.

–     Ter asinado toda a documentación requirida para inscribirse no programa e entregala na casa do

Concello para poder iniciar a actividade.

Artigo 4. Número e tipoloxía de prazas ofertadas:

O total de prazas ofertadas para o programa campamentos será de 40. Todas as prazas serán de balde.

Artigo 5. Criterios de selección:

A orde de selección será por rigorosa orde de entrega da solicitude.

No caso de que ao inicio da actividade se inscriban máis nenos/as que prazas existentes, terase en conta seguinte:

–     Familias monoparentais.

–     Que os dous proxenitores traballen. (Entregarase contrato de traballo para xustificalo)

–     Nivel de renda. (Solicitarase declaración da renda do ano 2020)

Os/as solicitantes non admitidos pasarán a formar parte dunha listaxe de agarda. As solicitudes fóra do p indicado estarán suxeitas á existencia de prazas libres. Non serán admitidos nenos/as que non cumpran requisitos esixidos.

As solicitudes para participar no PROGRAMA DE CONCILIACIÓN FAMILIAR “CAMPAMENTO” presentaranse todos eles debidamente cumprimentados e lexibles.

O prazo para presentar a inscrición será a partir do día seguinte da publicación destas bases na sede electrónica do Concello de Avión ata o día 28 de xuño 2021. Só serán admitidas solicitudes presentadas fóra de prazo se houbera prazas dispoñibles. Unha vez finalizado o período de inscrición, realizarase chamada telefónica para confirmar a praza e a data de reunión de inicio do programa.

O chamamento por listaxe de agarda será mediante chamada telefónica. Considerarase como desestimada, e polo tanto, anularase a inscrición existente listaxe de agarda a:

– Non aceptación da proposta.

– Non recepción de contestación telefónica nun prazo de 48 horas.

Artigo 7. Lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes debidamente cumprimentadas presentaranse no Concello.

Artigo 8. Horario e lugar de realización do programa.

O programa levarase a cabo nas instalacións do Multifuncional.

Os horarios e duración do programa será de 9:30 a 13:30 dos meses de xullo e agosto 2021.

Artigo 9. Normas de funcionamento.

É  obrigatoria  a  asistencia.  Os/as  nenos/as  que  falten  a  actividade  de  2  ou  máis  días,  sen  xustificar debidamente perderán a súa praza en favor do/da seguinte na listaxe de agarda.

A falta de cumprimento nas normas de convivencia e seguridade, ou o comportamento un neno/a afecte ao normal funcionamento da actividade, procederase a avisar á familia e a proceder a dar de baixa ao neno/a no programa.

A participación no programa suporá o cumprimento e aceptación das presentes bases e as normas de seguridade e comportamento durante o desenrolo do campamento. O Concello de Avión resérvase o derei realizar os cambios oportunos que poida considerar precisos para o correcto funcionamento do programa conciliación.