O alcalde de Leiro asegura que o plan de banda ancha foi unha adhesión do concello previa á moción do PSOE

O alcalde do municipio de Leiro, Francisco Fernández, asegurou que no pleno de febreiro, celebrado o día 27, o PSOE levou unha moción pedindo a adhesión ó plan para instalar a banda ancha en varios puntos do concello. Esta moción, como quedou rexistrada en acta, retirouse por parte do portavoz socialista ó afirmar o equipo de goberno que esta adhesión xa estaba en proceso. En consecuencia, non se chegou a votar e a adhesión seguiu o seu curso.

VIDEO con Declaracións de Paco Fernández

AVANTAR ACTIVIDADES

Na sesión celebrada o día 30 de decembro a corporación acorda a solicitude de adhesión ó convenio de colaboración entre a Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia e a Fegamp para a posta en marcha das actuacións encamiñadas a mellorar a cobertura de comunicacións móviles no rural de Galicia.

PUBLICIDADE

Segundo o alcalde, o 13 de xaneiro de 2020, os veciños de Paredes ceden os terreos necesarios para a colocación dunha antena e recalca que o 6 de febreiro chegou ó concello un correo electrónico da AMTEGA actualizando a información relativa ós despregamentos de redes ultrarápidas de acceso a internet que a Xunta de Galicia está a promover de xeito complementario no concello. Nesa comunicación tamén informaban, segundo o alcalde, de que o operador Telefónica acababa de recibir unha subvención da convocatoria de 2019 do programa estatal para despregar a fibra óptica antes do remate do 2021 nos núcleos de Berán (San Breixo), Gomariz (Santa María), Lamas (Santa María), Lebosende (San Miguel), Leiro (San Pedro), Orega (San Xoan), San Clodio (Santa María), Serantes ( Santo Tomé) e Bieite (Santo Andrao).

Estas explicacións foron as dadas polo equipo de goberno para resolver que a moción socialista non tiña lugar posto que era unha petición que xa estaba en marcha. Hoxe, o alcalde de Leiro facía pública a acta desa sesión plenaria dado que dende a formación do PSOE anunciaron onte que se instalaría a banda ancha nestos concellos por iniciativa dos deputados socialistas na Cámara estatal do Congreso. O alcalde, Francisco Fernández, reseña que o que iniciou os trámites foi o equipo de gobeno a comezos de este ano.