Asdifica entrega dous furgóns de tapóns á Fundación Amigos de Galicia

A pasada semana, o xoves e o venres, ASDIFICA fixo entrega de taponeo á Fundación Amigos de Galicia. Trátase dun total de dúas furgonetas cheas que se xuntaron grazas á colaboración dos veciños do Carballiño e da súa comarca. Dende Asdifica mostraron o seu agradecemento pola solidariedade amosada. Tamén quixeron avisar de que non recollerán mais tapóns ata novo aviso xa que non teñen espazo onde gardalos.

Fundación Amigos de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro que traballa na loita contra a exclusión social e inclusión laboral de colectivos vulnerables.

AVANTAR ACTIVIDADES