Sarín Núñez foi reelexido como responsable do Consello Comarcal do BNG de Ourense-O Carballiño

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A asamblea do Bloque Nacionalista Galego (BNG) da demarcación Ourense-O Carballiño reelexíu onte a Sarín Núñez como responsáble político desta formación. No novo Consello Comarcal están presentes mulleres e homes dos concellos que conforman a nosa comarca política, entre os que cabe destacar a integración do alcalde de Montederramo e dos concelleiros e concelleiras de Coles, Esgos e O Carballiño. Na candidatura tamén se presentan
compañeiras e compañeiros de diversos sectores, do mundo sindical, feminista,
cultural, asociacionismo ou autónomos, entre outros.

O Consello Comarcal está composto por 13 representantes da comarca (máis 7
suplentes), un representante de Galiza Nova e os sete responsables locais dos
concellos que están constituidos en Asamblea Local (Ourense, O Carballiño,
Barbadás, O Pereiro de Aguiar, Coles, Amoeiro e Vilamarín). O responsable comarcal expresou onte a súa “ilusión e gañas por aproveitar este bó momento, para fortalecer esta organización e asentala con firmeza en todo o territorio da nosa comarca”. Con esta escolla dos compañeiros e compañeiras que representan ás localidades, a organización nacionalsita dá por rematada a súa XVIII Asamblea Nacional.