Carlos Blanco e Touriñan envían a súa función en versión dixital ás residencias de maiores de España

IES CHAMOSO LAMAS

“Somos criminais” é unha función teatral levada a cabo polos recoñecidos cómicos Carlos Blanco e Xosé Touriñán. En marzo, cando a situación da pandemia obrigou a toda a sociedade a confinarse no seu domicilio, e no seu caso obrigalos a baixarse dos escenarios, ambos pensaron cal podería ser a mellora forma de que o seu traballo seguise chegando ó público. Nesa situación, decidiron gravar unha edición especial do espectáculo teatral que máis éxito tivo nos últimos dous anos, sen presas. A súa distribución comezou neste Nadal.

Fai apenas uns días, unha destas copias chegaba á residencia de maiores do Cornuval, e nos próximos días chegará a outras da nosa contorna. Os actores quixeron que tanto residentes coma traballadores puideran desfrutar un momento divertido e de desconexión nestes tempos tan difíciles e despois de todo o traballo que levan acumulado. Consideraron que as residencias de maiores son os lugares que peor o están a pasar nesta pandemia, polo que son máis que merecedores dun descanso e de poder desfrutar tamén da risa.

HIPER MASIDE