O C.D. Arenteiro inicia este venres a captación de socios

O Club Deportivo Arenteiro xa está preparado para comezar esta nova tempada. A partir deste venres xa se pon en marcha a campaña de captación e renovación de socios. Pódese solicitar a alta ou renovación a través do número de teléfono 600 314 701 por whatsapp. Para recoller o carnet en taquilla o horario dispoñible será de 11:00 horas a 13:00 horas e de 18:00 horas a 20:00 horas.

O club ofrece distintos prezos en función de se é por familia (120 euros), o que cubre a dúas persoas e a un menor; o bono xeral, de 70 euros; o bono xoven, de 25 euros, e o bono infantil, de 10 euros. Ademáis, recordan que para este ano farase un carnet de socio para os rapaces da Escola Municipal, que non terá custo, e que serivirá como acreditación para que poidan desfrutar dos partidos.