Alex García, do Club Ciclista Carballiño, un paso máis preto da Copa Galicia de XCO

Alex García, do Club Ciclista Carballiño, da un pasiño máis de cara o título. No espectacular XCO de Cambre, e nunhas condicións de moito calor, o cadete acadaba unha nova vitoria o que lle permite seguir á fronte da clasificación da Copa Galicia.

Pola súa parte o Junior Miguel Panadeiros , con problemas físicos, conseguía rematar a proba acadando unha 7ª posición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tamén esta fin de semana, a Mini BTT de Ribadumia, cun espectacular percorrido onde os pequenos desfrutaron moito. En Alevín Feminino, Leonor Mouriño remataba na 22ª posición. En Alevín B, Luis Taboasa remataba no 15° posto. En Principiante A, Manuel Mouriño era 16° e en Promesa Fememinino, Clara Mouriño acadaba o 15° posto.