Ribadavia levará a pleno unha liña de axudas pola covid de 30.000 euros

O grupo de goberno presentou na Comisión Informativa un novo Plan de Axudas con tres liñas: autónomos, hostalaría e viticultura. Despois de aprobar os orzamentos para o 2021, no próximo pleno pretenden aprobar unha liña de 30.000 euros para apoiar ós sectores máis afectados pola covid.

Dende o grupo de goberno aseguran que queren que sexan unhas axudas nas que reciban máis ós que máis necesitados estean e sen excluír a ninguén. Deste xeito puntuarase máis ós negocios con maior porcentaxe de perdas económicas polo peche, aluguer de local, número de empregados e cargas familiares. Aseguran que estas axudas aínda son un borrador e que tenden a man de colaboración a todos os grupos da oposición.

AVANTAR ACTIVIDADES