Araújo: “Jácome seguirá co seu teatro ata a aprobación do PXOM”

Publicidade ASPADISI

O portavoz de Cidadáns en Ourense responsabiliza ao PP de colocar a este personaxe como alcalde e pide que “dean un paso á fronte”.

O líder da formación laranxa, Pepe Araújo, asegurou que os últimos movementos do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para tranquilizar as augas dentro da súa formación política responden unicamente aos seus propios intereses e que “seguirá co seu teatro ata a aprobación do PXOM”

HIPER MASIDE

“Desgraciadamente, estas informacións son só a punta do iceberg. Segundo as informacións que chegan ao noso grupo municipal, haberá máis escándalos relacionados coa xestión de Jácome e co seu pacto co PP”, advertiu Araújo. Respecto diso, lembrou que desde a formación laranxa xa recalcaran que Democracia Ourensá non era unha partido político senón unha “empresa unipersoal” e que xa alertaran das divisións internas tanto de DO como do Partido Popular.

Neste sentido, Araújo responsabilizou aos populares de colocar a este personaxe como alcalde e pediu que dean un paso á fronte e busquen a forma de destituílo. “O PP ten que responder, teñen que poñer fin a este despropósito e se non son capaces teñen que apartarse e permitir que outras alternativas poidan tomar as rendas para devolver a dignidade que Ourense merécese”.

Doutra banda, ante as críticas do BNG á súa formación por destapar a información, Araújo lamentou que “haxa grupos que non se decaten de nada e por iso non valoren o noso traballo, que como oposición, é controlar ao goberno local e informar os veciños do que pasa neste Concello”.

Finalmente, o líder de Cidadáns tamén quixo mostrar o seu apoio aos traballadores de rexistro e estatística do Concello de Ourense que reclamaron de maneira urxente que se lles realicen as probas PCR tras a confirmación do positivo por Covid-19 do asesor de alcaldía.