Araújo pide compensar aos concellos ante a perda de ingresos por plusvalías

IES CHAMOSO LAMAS

O portavoz de Cidadáns no Concello de Ourense urxe que se reforme a Lei de Facendas Locais

O portavoz de Cidadáns en Ourense, Pepe Araújo, pedirá no Pleno, vía moción, que se reforme a Lei para dar unha “solución inmediata” e compensar ás administracións locais polas consecuencias que supón para as arcas municipais, a última sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Incremento de Valor dos terreos de Natureza Urbana.

HIPER MASIDE
Ante a imposibilidade de aplicar este imposto, máis coñecido como plusvalía e a “desidia do Goberno de España”, que non levou a cabo a adaptación normativa, Araújo reclamou que se reforme con “máxima urxencia” a Lei de Facendas Locais.

“É un imposto inxusto e confiscatorio, que debe ser abolido, polo menos nos casos ‘ mortis causa’ e con venda a perdas”. #Ante esta conxuntura, o portavoz de Cidadáns esixiu unha “solución inmediata” para compensar aos concellos pola repentina eliminación destes ingresos, nun momento no que consistorios, como o de Ourense, deberían estar en plena elaboración dos orzamentos.

Ademais da dotación orzamentaria dun Plan de Financiamento Complementario Local, Araújo reivindica un mecanismo de compensación, para garantir os ingresos dos concellos e, sobre todo, garantir a súa actividade. “Necesitamos un acordo rápido, porque os municipios son imprescindibles para a prestación de servizos públicos aos cidadáns e necesitamos garantir a súa actividade”.