Nota informativa do Bng de Cenlle

O Grupo Municial do Bloque Nacionalista Galego de Cenlle sae moi preocupado pola postura do Grupo de Goberno do Partido Popular trala celebración do primeiro Pleno Extraordinario da lexislatura.
Así pois, arranca unha nova lexislatura pero seguen as mesmas políticas. O Grupo de Goberno decidíu subir o soldo da Alcaldía un trinta por cento, supondo xa un custe de máis de 23.000 € anuais ás arcas municipais, incrementando ademáis os honorarios que se lle dan aos concelleiros.
O BNG oponse totalmente a esta medida, posto que o noso candidado xa postulou que non recibiría soldo ningún no caso de gobernar, e ademáis, vemos este salario absolutamente descomedido tanto pola adicación asignada para esta labor, así como no rendemento do seu desempeño.
Por outra banda o Grupo de Goberno valeuse da súa maioría absoluta para establecer
unilateralmente o horario dos plenos para as 13:00 horas, cando pola nosa parte se lles
manifestou que preferiblemente se mantivera o horario das 20:00 horas, que viña sendo o habitual. Dende o BNG entendemos este movemento como unha exclusión e desprezo das traballadoras que conforman a oposición no pleno, esixíndolles asistir aos mesmo no medio da xornada laboral e dificultando gravemente a conciliación familiar.
Vemos pois cómo se pón de manifesto que, dende o minuto un, o Grupo de Goberno atenderá exclusivamente os intereses políticos e financieiros do Partido Popular e dos seus integrantes, instrumentalizando a súa maioría absoluta para excluir á oposición da participación política do Concello