O PSOE de Punxín critica que o concello cobra taxas por servizos que non ofrece

IES CHAMOSO LAMAS

Aseguran que esto provoca un desfase entre os cobros pola taxa do sumidoiro e o gasto deste mesmo servizo de máis de 20.000 euros no ano 2019. Ante esta situación, as concelleiras socialistas traballan na elaboración dunha moción para solicitarlle o consistorio que devolva á veciñanza os importes cobrados por un servizo que segundo afirman non se prestou.

Dende o Grupo Municipal Socialista indican que solicitaron un informe de legalidade relativo a este feito e que o grupo de goberno lle vén de denegar, polo que levarán este tema ó próximo pleno. 

HIPER MASIDE

As concelleiras socialistas denuncian, unha vez máis, que a actuación do goberno municipal amosa “a falta total de transparencia que reina no Concello” e esíxenlle que cesen estas prácticas antidemocráticas.