Renovada rede de saneamento da rúa Xazmín no barrio de Flores

Rematouse estes días a renovación da rede de saneamento da rúa Xazmín no barrio de Flores. A obra tivo un custo de 14.000 euros, e veu a resolver un problema que había dende hai moito tempo, pois trátase dunha vella canalización dos anos 70 que nunca se renovara e que tiña constantes perdas.