A Deputación presenta unha proposta de modificación de crédito de 9,2 millóns de euros destinados a 81 concellos e máis de vinte entidades

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Rosendo Fernández; Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Juan Marquina Fuentes (Secretario Deputación Ourense); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O documento inclúe axudas por valor de 4,6 millóns de euros para o 88 % das entidades locais da provincia, ademais de 7 mancomunidades de concellos 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En colaboración con entidades, o documento vai beneficiar a 21 colectivos sociais, empresariais ou deportivos con preto de 318.000 euros 

Dos 4,3 millóns dedicados ás necesidades de xestión, algo máis da metade (2,8 millóns) permitirá cancelar o único préstamo vivo que mantiña a Deputación, quedando definitivamente a “0” a débeda da institución 

Con esta proposta “practicamente chegamos ao 100 % do territorio provincial e ás necesidades da súa veciñanza”, afirma o presidente da Deputación, Luis Menor 

Ourense, 17 de outubro de 2023.- O Goberno provincial presentará mañá mércores, na  Comisión Especial de Contas, Facenda e Recursos Humanos, unha proposta de modificación de créditos, vía suplementos de crédito, por un importe superior a 9,2 millóns de euros. Con cargo ao remanente de tesourería e referida aos capítulos IV e VII de gasto corrente e investimento, respectivamente, esta modificación terá como destinatarios a 81 concellos e 21 entidades ourensáns de diversos ámbitos. 

Polo que respecta ás entidades locais, o documento inclúe axudas por valor de 4,6 millóns de euros, atendendo ás demandas formuladas por 81 concellos, o que supón un 88 % do total de municipios da provincia. Esta liña de cooperación compleméntase con achegas a 7 mancomunidades de concellos -Santa Águeda, Ourense, Verín, Carballiño, Terras de Celanova, Conso-Frieiras e Ribeiro-, “de modo que practicamente chegamos ao 100 % do territorio provincial e ás necesidades da súa veciñanza”, afirma o presidente da Deputación, Luis Menor. 

As finalidades das subvencións son de ámbitos moi diversos, entre elas o acondicionamento de infraestruturas viarias municipais; mellora das redes de saneamento e abastecemento; cofinanciamento de proxectos municipais con outras administracións; melloras en instalacións deportivas, sociais e culturais; programas lúdicos e recreativos; obras en áreas empresariais; fomento da eficiencia enerxética; desenvolvemento turístico; programas medioambientais; e plans de desenvolvemento comarcal. 

Polo que respecta á colaboración con entidades, a modificación de crédito vai beneficiar a 21 colectivos sociais, empresariais, deportivos, Expourense, CEO ou a agrupacións como Protección Civil. Para este fin destínanse preto de 318.000 euros. 

Necesidades de xestión 

O documento inclúe un capítulo máis dedicado ás necesidades de xestión da institución provincial, cun importe de 4,3 millóns de euros. Desta cantidade, algo máis da metade (2,8 millóns) ten como fin a cancelación do único préstamo vivo que mantiña a Deputación con entidades financeiras, polo que definitivamente a débeda da institución será “0”. 

O presente documento tamén recolle o cambio de finalidade das achegas concedidas aos concellos de Porqueira e Pontedeva, así como unha axuda destinada á Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao, que agora pasa ao concello e cambia o seu obxecto. 

Escoita de alcaldes e representantes de entidades no territorio e no Pazo Provincial 

O presidente da Deputación, Luis Menor, destaca que esta proposta ten como punto de partida a escoita aos alcaldes e axentes sociais e económicos da provincia que mantivo desde finais de xullo, momento no que botou a andar o novo goberno provincial.  

Este documento, sinala, “é o resultado das peticións recollidas no propio territorio” durante as entrevistas que mantivo con alcaldes, alcaldesas e representantes de colectivos sociais e económicos en máis dunha vintena de visitas que inclúen todas as comarcas da provincia, ademais dos preto de corenta rexedores recibidos no Pazo Provincial.