Pepa Plana imparte un taller de Clown no Carballiño

O auditorio Manuel María está acollendo durante varios días un curso de Clown impartido por Pepa Plana, premio nacional de circo e a alma e directora artística da compañía que leva o seu nome.  Está ensinando técnicas de clown, novas
habilidades, aumentar os coñecementos, rir e diversión con estes talleres, impartidos en diferentes niveis.

O clown é un estilo do xénero teatral que implica un método interpretativo baseado no universo clown, onde o artista crea a súa propia rutina e o seu propio personaxe sen ter que seguir a un director.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na actualidade, o termo Clown utilízase para diferenciar o clown clásico do contemporáneo, que deixou atrás os estridentes traxes e maquillaxe, para adoptar unha máscara máis desenfadada e adecuada a cada actor que o interpreta.