Castrelo de Miño e Cortegada súmanse ós cortes de auga nocturnos para garantir o subministro

Os veciños da comarca do Ribeiro están a sufrir dun xeito especial as consecuencias deste ano especialmente seco. Xa son tres os concellos que cortan a auga varias horas ao día. O obxectivo é tentar que os encoros recuperen un caudal que permita que a rede de abastecemento teña potencia suficiente para chegar a todos. É o caso da capital comarcal, Ribadavia, que ante a falla de efectividade dos recortes sectoriais optaron por abrir o abastecemento a todos os sectores da rede durante catro horas e media cada día. de 13:00 a 15:00 e de 20:30 a 23:00 h.

Tanto en Cortegada como en Castrelo, están nunha mellor situación, aínda que pola noite prodúcense os cortes no subministro. En Cortegada cortan entre as once da noite e as cinco da mañá; en Castrelo de Miño decrétase entre as once da noite e as sete da mañá.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mentres, en Ribadavia, os veciños seguen levando auga embotellada en xerras dende a oficina da concesionaria Aqualia, onde seguen traballando en colaboración co goberno local e a Confederación Hidrográfica.