O Concello de Boborás, construirá neste 2021, un parque infantil no entorno inmediato do Pavillón e da futura piscina municipal,

Publicidade ASPADISI

O Concello de Boborás, construirá neste 2021, un parque infantil no entorno inmediato do Pavillón e da futura piscina municipal, cun coste total de 50.000 euros.

Trátase dunha obra, financiada nun 70 por centro pola Consellería da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia e o propio concello que porá o 30 por centro restante. Trátase dunha superficie de 210 m2, que constará dun conxunto de 3 torres, con pasarelas e redes de trepar e dos tobogáns.

HIPER MASIDE

Tamén terá un columpio doble, cun asiento plano e outro de bebé, un balancín doble e 2 individuais, 4 bancos de cores, e dúas papeleiras, soleira de formigón cuberta de loseta de caucho de cor e unha valla para perimetrar o espazo .Ademais, destes elementos, o ente local pretende dotar dun espazo de arboleda o entorno do parque infantil para xerar sombra, así como unha zona de recreo con mesas e bancos para que as familias e a veciñanza en xeral poidan facer uso das mesmas, e tamén colocorá un conxunto de biosausables para que os adultos tamén poidan facer uso deles, ben sexa de maneira individual ou cando acompaña os nenos.

Con esta intervención o grupo de Goberno, pretende ir incorporando novas insfraestuturas deportivas e de ocio nunha parcela que na actualidade xa conta cunha pista multideporte, un ximnasio o aire libre e logo coa piscina municipal. Ademais o Concello pretende en futuras actuación construir unha pista de padel, e unha zona de skate para xente moza do municipio. 

En definitiva, trátase de darlle contido a unha parcela municipal, en desuso, pero ben comunicada pero nun entorno seguro, que está ben situada ao atoparse nas inmediacións do pavillón municipal, centro sociocultural Manuel Chamoso Lamas, Colexio Público, gardería e o futuro Centro de Saúde e Piscina municipal, ademais de novas instalacións que o goberno prevé construir, no futuro, na zona.