Ribadavia quere mellorar a praza exterior da Portanova.

RIBADAVIA PRESENTA NOVOS PROXECTOS DE MELLORA NA ZONA MONUMENTAL.

Ribadavia volve solicitar a mellora do exterior da Portanova, e o camiño da Barca ata o Campo da Feira, en pleno corazón da zona monumental.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Proxecto denominase “Humanización e embelecemento do Camiño da Barca no seu acceso ao Castelo dos Condes Sarmiento”, e presentase ao amparo da RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas para o ano 2023.

Este proxecto foi rexistrado na Deputación de Ourense o ano pasado, no mes de maio.

A pesar disto, a Deputación non o tivo en conta no Orzamento 2023, nin nas reiteradas modificacións orzamentarias do exercicio 2022, tampouco vai ser incluído pola Deputación na modificación que ten prevista para este mes e que supera os 17 millóns de euros, así a Deputación vai outorgar financiamento a proxectos semellantes noutros concellos da provincia, mentres que volve excluír a Ribadavia.

Por todo isto, desde o Concello de Ribadavia decidiuse volver a presentar este proxecto na convocatoria da Xunta para subvencións a concellos para a mellora das súas infraestruturas turísticas.

O proxecto ascende 48.398,31 euros, mentres que a subvención á que se opta é de 30.000 euros, o demais sería aportado polo Concello de fondos propios.

Os materiais proposto nesta actuación de embelecemento son: – Solado mediante formigón desactivado árido visto, de 15 cm de espesor elaborado con formigón HA-20/B/6-12/IIa de áridos seleccionados segundo o acabado estético desexado, armado con fibra de polipropileno, sobre base firme e compactada coas debidas pendentes, fratasado manual, adicción de desactivante de grado de ataque acorde con granulometría do árido, posterior lavado con auga a presión descubrindo 1/3 del árido da masa con aserrado de xuntas de retracción e aplicación de resina sélante 6 – Rigola formada por pezas regulares de granito tostado seleccionado de 10cm de espesor e 30cm de ancho coa cara superior abuxardada e resto de cantos aserrados, colocado a oso, discorre formando unha tira central como división do pavimento de formigón desactivado. – Lousa de pezas regulares de granito tostado seleccionado de 10cm de espesor coa cara superior abuxardada e resto de cantos aserrados, colocado a oso en formación de beirarrúa.

PROXECTO HUMANIZACIÓN CAMIÑO DA BARCA- PORTANOVA.

Realizamos este Proxecto por ser unha prolongación dunha das portas que dan acceso o entorno amurallado do castelo de Ribadavia.

O castelo é unha das principais infraestruturas turísticas de Ribadavia, e ademais de ser un lugar referencial dos milleiros de visitantes e turistas anuais que ten Ribadavia, tamén alberga eventos moi importantes como a Mostra Internacional de Teatro.

Ademais do castelo, outra infraestrutura turística importante que se vería beneficiada sería a Área de autocaravanas, situada moi preto, no outro extremo desta rúa, camiño da barca.

Este camiño, a pesar da súa situación tan importante ten un acabado superficial formado por formigón a vista, con zoas parcheadas e numerosas fendas, dispón no seu encontro coa rúa transversal, dúas beirarrúas que coinciden co tramo mais ancho do camiño.

Sendo moi necesario humanizar dito camiño e darlle unha forma máis acorde co entorno onde se encontra.

Ademais, anúlanse os contedores de lixo soterrados e fora de uso, que causan moi mala imaxe, deixando no seu ámbito un pavimento de iguales características o existente, eliminando desta zona o estacionamento de vehículos.

Agardamos que a Xunta respalde este novo proxecto para a mellora da zona monumental de Ribadavia.