Manuel Baltar: “queremos que gañe Galicia e con Feijoó Galicia sempre gaña”

O presidente provincial do PP valorou de xeito particular a declaración de intencións de Feijoó pedindo un goberno de maiorías e libre, “como sempre pedimos en cada cita electoral a confianza maioritaria dos ourensáns, porque esas maiorías son as que nos permiten construír unha provincia de progreso, sen ataduras nin chantaxes, ofrecendo estabilidade e gobernando para todos”.

Publicidade

“Queremos que gañe Galicia e con Feijoó Galicia sempre gaña”. O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, resumiu así o espírito do acto celebrado esta mañá no auditorio Mar de Vigo polo PPdeG, no que se proclamou a candidatura de Alberto Núñez Feijoó á presidencia da Xunta para as eleccións autonómicas do 5 de abril, convocatoria á que asistiu unha ampla representación dos populares ourensáns.

Manuel Baltar valorou de xeito particular a declaración de intencións de Feijoó, quen afirmou que el se pode garantir un goberno de maiorías, libre e para todos. “Desde o PP de Ourense sempre pedimos en cada cita electoral a confianza maioritaria dos ourensáns, porque esas maiorías son as que nos permiten construír unha provincia de progreso, sen ataduras nin chantaxes, ofrecendo estabilidade e gobernando para todos”. O Partido Popular de Galicia é o partido que máis se parece a Galicia, “e Galicia elixirá de novo a Feijoó porque el sempre elixiu esta terra, e iso saben valoralo os galegos”, destacou Baltar, quen apuntou unha semellanza máis no traballo en positivo “que sabemos facer como ninguén, fronte aos que se presentan ás eleccións cun só punto no seu programa: botar ao PP do goberno”.

O acto de hoxe, subliñou o presidente provincial, “permitiu comprobar que os populares estamos preparados, e sobre todo ilusionados, con este novo reto, para o que tamén está plenamente lista a maquinaria do PP ourensán”.