A Xunta compromete co concello obras potentes: un novo centro de saúde e a museízación da Fábrica de Papel

Alberto Núñez Feijóo recibiu onte en San Caetano ó alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, para abordar tres liñas de actuación a curto prazo en colaboración entre administracións.

Concretamente, Feijóo trasladoulle ao rexedor municipal a posibilidade que brindan os Orzamentos da Xunta de 2021 para que o Centro de Saúde do Carballiño poida acceder a distintas partidas coas que acometer diferentes obras de mellora, entre as que se atopan as relacionadas coa eficiencia enerxética, a climatización ou a adaptación funcional.

AVANTAR ACTIVIDADES

No ámbito do saneamento municipal, Feijóo e Fumega analizaron a posibilidade de que Xunta e Concello realicen un cofinanciamento do 50% das distintas actuacións por un importe total de 600.000 euros.

Por último, no eido cultural e turístico, ambos avaliaron a situación na que se atopa o Museo do Papel en Galicia situado nesta localidade e a súa necesaria musealización interior.