41 artistas participan na exposición de arte colectiva “AR(T)ENTEIRO”, que organiza o Centro de Estudos Chamoso Lamas, e se inaugura este sábado no Auditorio Municipal Manuel María.
A nova edición de “AR(T)ENTEIRO”, a mostra de arte colectiva que organiza o Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co concello do Carballiño, inaugurarase este sábado, 22 de febreiro, ás 20,00 h., na sala de exposicións do auditorio municipal Manuel María.
Trátase dunha exposición na que participan un total de 41 artistas con obras pictóricas, colages e esculturas, e que estará aberta ata o 21 de marzo co seguinte horario de visitas: de martes a venres: 18,00 a 21,00 h; sábados, domingos e festivos: 12,00 a 14,00 h.
Ao acto inaugural asistirán os integrantes do colectivo cultural carballiñés, autoridades municipais e artistas.
Presentación: Xosé Luís Sobrado presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas da Comarca do Carballiño
Comisarios: Juan Manuel Rodríguez e Óscar Gónfer
Número de artistas: 41
Número de obras : 49