A Área de Atención Primaria do Carballiño conta con 40 casos activos de Covid-19

IES CHAMOSO LAMAS

Entre estos casos, temos que recordar os positivos do alcalde do Irixo e doutro traballador municipal, os catro brotes activos no municipio que aínda non foron dados de alta e o brote familiar que mantén en cuarentena a máis de 50 alumnos do CEIP Calvo Sotelo.

RIBEIRO

HIPER MASIDE

O concello de Ribadavia informa de oito casos positivos a día de hoxe. Segundo a administración local, a situación está controlada e non supón un risco para a veciñanza.

En Leiro hai un brote de catro persoas dun núcleo familiar. Trátase dun home de 43 anos, unha muller de 33 e dous menores.

GALICIA REXISTRA 264 PERSOAS CURADAS NESTA XORNADA, O QUE ESTABILIZA A CIFRA DE CASOS ACTIVOS NUNHA SOA PERSOA MÁIS CA ONTE

Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.461 (1+) deles 659 (57+) da de Ourense.

Do total de pacientes positivos, 34 (2+) están en UCI, 200 (17-) en unidades de hospitalización e 4.227 (16+) no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.572 (264+) persoas curadas, rexistrándose 726 (5+) falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son un home de 93 anos que estaba ingresado no Hospital de Verín e un home de 87 anos que estaba ingresado no HULA. Ademais, engádese o falecemento, no seu domicilio da área sanitaria de Lugo, dunha muller de 88 anos. Todos eles con patoloxías previas.

OURENSE

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras rexistra hoxe 659 (57+) casos activos de coronavirus; deles, 53 están ingresados, e 5 están na UCI. Ademais, detectouse un brote importante na residencia de Lobeira, con 47 positivos, o primeiro dende o mes de marzo.