O Inorde e a Rede de concellos termais da provincia analizan o Plan de Sustentabilidade Turística “Ourense provincia termal

Rosendo Fernández (Presidenta do INORDEL) acompañado por Emma González Diéguez (Xerenta do INORDE) e José Manuel Andrade Calvo (Director da Fundación Juana de Vega) organizan unha xornada informativa con representantes (alcaldes, concelleios ou técnicos municipais) cos Concellos Termais da Provincia de Ourense.
Publicidade ASPADISI

Rosendo Fernández e a Fundación Juana de Vega presentaron aos alcaldes e representantes dos quince municipios ourensáns participantes, as liñas de acción deste Plan que a Deputación de Ourense e a Xunta retoman para presentar á convocatoria para o ano 2021 da Secretaría de Estado de Turismo

O Inorde e a Rede de concellos termais da provincia analizaron hoxe durante unha reunión de traballo no centro cultural “Marcos Valcárcel”, o Plan de Sustentabilidade Turística “Ourense provincia termal”, despois de que a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia decidiran retomar dito plan que será presentado á nova convocatoria ordinaria para o ano 2021 da Secretaría de Estado de Turismo.

HIPER MASIDE

O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, acompañado pola xerente do Inorde, Emma González, polo director da Fundación Juana de Vega, Jose Manuel Andrade; e pola técnico que dirixirá a redacción do proxecto, Carmen Pardo, presentou aos alcaldes e representantes dos quince concellos ourensáns participantes, as liñas de acción deste Plan que require do “traballo coordinado e conxunto de todos para propoñer este proxecto que mellorará a sustentabilidade do modelo de desenvolvemento turístico”, sinalou Rosendo Fernández.

Estes “Plans de Sustentabilidade en Destino” están a ser considerados “un instrumento esencial para a reactivación do sector trala crise sanitaria e son un mecanismo de colaboración coas Comunidades Autónomas e Entidades Locais, que promoven a “Gobernanza colaborativa” no marco das directrices xerais da Estratexia de Turismo Sostible de España 2030”, engadiu Rosendo Fernández.

Rosendo Fernández (Presidenta do INORDEL) acompañado por Emma González Diéguez (Xerenta do INORDE) e José Manuel Andrade Calvo (Director da Fundación Juana de Vega) organizan unha xornada informativa con representantes (alcaldes, concelleios ou técnicos municipais) cos Concellos Termais da Provincia de Ourense.

O Inorde, organismo adscrito á Deputación de Ourense, será o ente encargado de canalizar a solicitude, xa que entre as súas funcións está a de impulsar o desenvolvemento do potencial turístico da provincia e tamén coordinará ese labor de revisión do plan xunto á Fundación Juana de Vega.

Tras revisar o resumo das accións recollidas no documento elaborado o pasado ano, na reunión analizouse a actualización do mesmo co obxectivo de presentar á nova convocatoria un Plan de Acción que contribúa a impulsar o desenvolvemento de destino mediante a vertebración das áreas rurais dotadas de recursos termais na provincia de Ourense. Esta iniciativa pretende reactivar o sector turístico da man de actuacións respectuosas desde o punto de vista socioeconómico, medioambiental e territorial.

Os concellos que forman parte deste Plan son: Arnoia, Bande, Baños de Molgas, Boborás, O Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Lobios, Monterrei, Muíños, Punxín, Ribadavia e Verín. Estas Entidades Locais presentarán as súas propias iniciativas que serán avaliadas para a súa inclusión no Plan.