A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.


O próximo domingo día 19, ás 11.30 na igrexa de Santa Mariña de Parada do Sil celebrarase outro acto máis de restauración da memoria lingüística promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e o Concello. Homenaxearase ao veciño Xosé Campo falecido hai anos, substituíndo a súa lápida mortuoria escrita en castelán por outra en galego, idioma no que sempre se expresou en vida.

De todos é ben sabido que os epitafios da  maioría das lápidas mortuorias nos cemiterios de Galicia están escritos en castelán, desvirtuando asi a  identidade cultural galega. Restaurar esta anomalía cultural é unha tarefa urxente para que a lingua dos camposantos, que son espazos da memoria, estean en harmonía co idioma maioritario dos habitantes.

Este acto é a resposta do Concello de Para do Sil ao compromiso asinado o pasado mes de novembro en Bande;  unha convocatoria ben significativo do municipalismo galego enmarcada na iniciativa “En galego, agora e sempre”. Por  primeira vez na historia de Galicia  unha deputación provincial convocou aos concellos da provincia a participaren na galeguización da memoria dos defuntos. A Lei de Normalización Lingüística obriga ás corporacións locais a fomentaren o uso da lingua galega en todos os ámbitos da vida social. O número de rexedores e rexedoras municipais que acudiron foi moi significativo. Pódese visionar o acto mencionado en (https://galeguizargalicia.gal/actos/a-lingua-e-a-memoria-reencontraronse-en-bande/).

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aquel día procedeuse á galeguización do panteón propiedade da familia de don Miguel A. Santalices, Presidente do Parlamento de Galicia, cuns versos que o poeta Celso Emilio Ferreiro lle dedicara ao boticario de Bande don Ildefonso Santalices de tan grata memoria para as xentes da fronteira e promotores da cultura galega dos que el foi figura senlleira.

Desta volta no acto de Parada do Sil, como xa se dixo, será homenaxeado don  Xosé  Campo, un veciño que combinou a agricultura de subsistencia cun taller de carpintería. Despois de xubilarse don Xosé empezou a facer tallas de madeira e figuras de barro, que foi colocando esparexidamente en distintos lugares do Concello. É da súa autoría un belén de grandes dimensións, admirado polos veciños e xentes da contorna que acuden a visitalo todos os anos polo nadal.

O Concello quere aproveitar esta ocasión para render tamén homenaxe póstumo aos veciños e veciñas falecidas colocando na porta do cemiterio unha placa que di: “Na memoria de todas as persoas que xacen aquí porque grazas a elas Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. Con ela preténdese facer un chamamento á veciñanza para que muden as lápidas dos seus seres queridos escritas  nunha lingua na que nunca falaron. En lingua galega son máis recoñecibles as súas memorias.

Aos asistentes ao acto entregaráselles unha copia dun modelo de Declaración de Vontade Individual nas que os asinantes declaran que  chegada a hora do seu pasamento, queren que todo o relativo ás súas exequias se realicen exclusivamente en lingua galega, e, xa que logo, pídenlles ás familias, autoridades relixiosas e civís, que os actos funerarios se oficien en lingua galego. Asinar esta manda testamentaria é a mellor maneira de garantir que as súas memorias queden refletidas na lápida do cemiterio.

Agradecemos ao Concello de Parada do Sil a celebración deste acto, nomeadamente ao concelleiro de Cultura Paco Magide e o alcalde, Aquilino Domínguez e animámolos a que sigan realizando en todas as parroquias actos desta índole.

*Da Asociación de Funcionarios/as para a Normalización Lingüística.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------