A alcaldía do Carballiño recibe ó novo presidente do C.D. Arenteiro

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e a concelleira de Deportes, Silvia Baranda, reuníronse hoxe no concello co novo presidente de C.D. Arenteiro, Argimiro Marnotes, e o directivo Manuel Cid. Trátase dunha primeira toma de contacto coa nova directiva da entidade, nunha reunión que tamén analizaron a colaboración do concello co club deportivo, así como as circunstacias que rodean á escola de fútbol á que da nome esta entidade. Neste aspecto, a directiva do club anunciou que nos próximos días darase a coñecer o comezo do período de inscripción para a escola deportiva de fúbol, o procedemento para que os cativos se anoten e as medidas de seguridade sanitaria que se implementarán.

AVANTAR ACTIVIDADES