O BNG denuncia verteduras no río Loña.

IES CHAMOSO LAMAS

Rubén García ven de presentar ante o concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica a denuncia de verteduras no río Loña para a subsanación das mesmas e sanción dos responsables.  

 Rubén García, voceiro do BNG no Pereiro de Aguiar, presentou ante o concello do Pereiro de Aguiar e a Confederación Hidrográfica a denuncia por vertidos directos de augas residuais no río Loña o día 15 de xaneiro, ao pé da ponte que o cruza no lugar de Cebreiros.

OZOCOgz Deseño Galego

 Os nacionalistas demandan tanto do concello do Pereiro como da Confederación Hidrográfica que se eliminen a verteduras e que se sancionen directamente aos responsables das mesmas. 

Así mesmo o BNG demándalles que se faga un seguimento detallado das condicións do río nas zonas que pasan polo Concello. Rubén García afirma que “é bastante normal observar escuma na tona da auga, procedente quizais de pequenas verteduras non identificadas. Este seguimento é máis necesario na actual, e moi preocupante, seca que estamos a sufrir.” 

O mesmo día 15 de xaneiro, nun tramo do río achegado á urbanización Veiga de Abaixo, antes dela no sentido da corrente, entre dúas pontes, notamos un forte cheiro que viña da auga pero non puidemos identificar un punto concreto para a vertedura.” indica o voceiro do BNG do Pereiro.

Estes feito constitúen unha grave infracción e ten moi graves consecuencias para a calidade da auga e para o medio natural en xeral, analiza o voceiro do BNG, nun río que forma o encoro de Cachamuiña, que abastece a cidade de Ourense e que logo verte as súas augas no Miño.