Galicia presenta o Xacobeo 2022 coma destino seguro en FITUR

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A 42ª edición da Feira Internacional de Turismo, celebrarase presencialmente do 19 ao 23 de xaneiro; os tres primeiros días só para profesionais do sector e a fin de semana, para o público en xeral.

A Xunta volve a Fitur cun stand de máis de 1.000 metros cadrados no que presentará Galicia como un destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, e da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presidirá a presentación do Xacobeo 2021-2022. Camiña a Galicia en FITUR 2022.

O stand conta cun deseño moderno amosando a ilusión con que Galicia afronta o segundo ano do Xacobeo como destino seguro. O espazo expositivo volverá contar co botafumeiro de prata a tamaño natural feito hai máis de 60 anos.

En Fitur 2022, Galicia presentará medio centenar de produtos e destinos turísticos.

Esntre eles temos que destacar da provincia de Ourense a presentación de “Terras que saben a estrelas”, do Xeodestino Manzaneda, Trevinca, Valdeorras, destino Starlight Trevinca.

A Deputación de Ourense e o Inorde levarán o seu Plan de Sostenibilidade Turística no Destino Ourense Termal. E por parte de Expourense haberá dúas ponencias nas que presentarán as dúas principais feiras para este ano: Termatalia e Xantar.

E ademais, tamén estará o Xeodestino O Ribeiro-Carballiño, que levará o seu potencial gastronómico, enolóxico e turístico ca súa presentación “Pulpo do Carballiño, viño do Ribeiro e outros maridaxes perfectos ás beiras do Miño”. O concelleiro de Turismo do Carballiño, Manuel Dacal, falounos máis ó detalle sobre a presenza nesta feira.

Dacal comentou a súa pretensión de levar tamén a Madrid a caldeira de pulpo da man da asociación de pulpeiros, como xa o fixeron en INTUR en Valladolid e en Xantar, en Ourense, pero neste caso non foi posible.

A proposta que leva o xeodestino radica no gran potencial desta zona, agora sumado a estar máis preto que nunca da capital de España ca chegada  do AVE.