Campaña gratuita de desinfección de vehículos con ozono, pola compañía Mapfre en colaboración co concello

A compañía aseguradora MAPFRE, en colaboración co concello, pon en marcha unha campaña gratuita de desinfección de vehículos con ozono, que terá lugar os días 6 e 7 de xullo.

As desinfeccións realizaranse na zona de aparcamento da rúa BEN-CHO-SHEY, en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,30 h.

AVANTAR ACTIVIDADES

A limpeza de cada vehículo tarda uns 10 minutos, e a duración da desinfección é de seis meses.

As persoas interesadas en levar a cabo esta limpeza dos seus vehículos deberán solicitar cita previa chamando ao teléfono do concello 988 530007, en horario de 08,00 e 14,30 h.