Expourense presentou a 22ª edición de Xantar en Santiago

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A celebración do Xacobeo 21-22 marcará tamén a 22ª edición de Xantar, a Feira Internacional de Turismo Gastronómico que terá lugar en Ourense entre o 3 e o 7 de novembro nunha edición especialmente centrada na “Gastronomía dos Camiños”. Así o destacaba a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, no acto de presentación da feira que tivo lugar esta mañá no Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG), quen destacou o peso da gastronomía na estratexia turística galega.

Neste acto, a directora estivo acompañada polo xerente de Expourense, Rogelio Martínez. Destacou a presenza galega neste evento, que contará con máis de 160 expositores con 4 países representados (España, Portugal, Perú e Panamá) e máis dun cento de experiencias gastronómicas que se despregarán en Expourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Juan Manuel Casares, presidente do Consello Regulador do Ribeiro, estivo hoxe representando a esta entidade. En primeiro lugar, deu a noraboa ó xerente de Expourense polo traballo que están a facer.

Casares tamén deu a noraboa por facer posible que neste ano de recuperación trala covid se leve a cabo un evento destas dimensións ademais de todo o traballo que hai detras.