Baltar, sobre o proxecto de Orzamentos: ” Ninguneo de Sánchez ás entidades locais: nin un euro en 2020 e 16.000 millóns para as comunidades autónomas”

Videoconfencia Jorge Pumar (Deputado Provincial) con membros da FEMP.

O presidente da Deputación de Ourense pide que a FEMP presente emendas aos Orzamentos “para combater o desprezo do Goberno Sánchez cara ao municipalismo”

“O resultado práctico do traballo da FEMP é nada. O Goberno non nos ten en conta”, afirma Manuel Baltar, quen cualifica ao executivo de Pedro Sánchez como “o peor goberno da historia para as entidades locais”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, valorou hoxe, tras participar na reunión extraordinaria da Xunta de Goberno da FEMP, que o máximo órgano do municipalismo español “presente emendas ao proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado ( PGE) que preveñan e combatan o desprezo que o Executivo de Pedro Sánchez mostra cara ás provincias e os municipios”.

Baltar denuncia “o ninguneo de Sánchez ás entidades locais: nin un euro en 2020 e 16.000 millóns para as comunidades autónomas”, mostrándose moi crítico e destacando que “o resultado práctico do traballo da FEMP é nada. O Goberno non nos ten en conta”, afirma, cualificando ao executivo de Pedro Sánchez como “o peor goberno da historia para as entidades locais”.

Manuel Baltar afirma que, aínda que se aproben as emendas, “témome o peor: que non as consideren aínda que sexan unánimes, e así estaremos a tentar lavarlle a cara a uns orzamentos difíciles de limpar por mánchalas partidistas e as peaxes que teñen”.

O presidente da Deputación de Ourense defende que a FEMP “debe acelerar as súas reivindicacións e ser o verdadeiro altofalante do municipalismo, facendo valer as súas reivindicacións fronte a uns Orzamentos Xerais do Estado que son unha afronta para a Administración Local, e que, de non modificarse, cronificarán a asfixia financeira que padecen as entidades locais, que non recibiron un só euro de axuda para loitar contra a pandemia”.

“A xustiza social que reclamamos -sostén Baltar- ten a súa razón de ser na escrupulosa xestión económica que demostran deputacións e concellos, que demostraron, con eficacia e máximo esforzo financeiro, facer fronte, dentro das súas posibilidades, á pandemia do COVID-19 nos seus territorios sen ningunha axuda por parte do Estado”, explica Manuel Baltar, quen pide que as contas inclúan o fondo local de 4.000 millóns de euros para o impulso e a recuperación económica e social, así como un fondo para o rescate dos servizos de transporte urbano de titularidade municipal, dotado de polo menos con 1.000 millóns.

Baltar sinala a importancia de que as entidades locais “poidan xestionar tamén fondos europeos por un importe superior aos 1.483 millóns que aparecen contemplados no proxecto dos PGE”, e defende que os fondos provenientes de Europa que xestionen deputacións e concellos “deberían ser proporcionais ao peso destas administracións, é dicir, en torno ao 14,56%, o que equivalería a entre 15.000 e 20.000 millóns de euros”.