Galicia segue ca tendencia á baixa, con apenas 715 contaxios totais

A comunidade galega rexistra hoxe 24 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 715, preto dunha trintena de casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 16 (+3)  están en UCI e 43 (-5) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 5 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 117 casos activos, 9 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 3 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (-1)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES