A Área Sanitaria trae ós adolescentes do Carballiño e o Ribeiro un taller de educación sexual

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras trae á nosa contorna o obradoiro #QueréndonosBen, de educación afectivo-sexual. Estará destinado a adolescentes do Carballiño e do Ribeiro e estará impartido por matronas e enfermeiras especializadas en pediatría. Estarán o 6 de xuño do IES Chamoso Lamas; no IES O Ribeiro estarán o día 8 e o día 13; no IES nº1 do Carballiño o día 8;  no Sagrado Corazón o día 13 e no Vila do Arenteiro, o día 17.

Ofrecerán información relacionada coa afectividade e a educación sexual e os problemas máis frecuentes aos que se enfrontan os mozos.

AVANTAR ACTIVIDADES