< O vídeo reportaxe da Baixada da Pepa Loba pódese ver en https://www.facebook.com/share/v/1GX4emAtsY/ >
Un dos eventos relevantes no programa de actividades no Carballiño nas datas previas ás festas patronais é a ‘Baixada da Pepa Loba’. E a representación non defradou ao público asistente, que dende última hora da tarde do sábado ateigou a contorna da Casa do Concello e as rúas do Barrio de Flores para facer un seguimento das personaxes desta ficción histórica.
A compra dun terreno ao cacique de turno por parte do Concello é o fío condutor da trama elaborada por Dar Trela Teatro para desenvolver as escenas da ‘Baixada da Pepa Loba’, que tivo lugar na tarde-noite do pasado sábado no Barrio de Flores e dentro da programación da 30ª edición da feira-festa adicada á afamada bandoleira que organiza a veciñanza deste núcleo histórico do Carballiño e cunha homenaxe ao antigo oficio dos afiadores.
E cun engadido clave: unha das concelleiras da Corporación resulta ser a filla de Pepa Loba e avanza que votará, en sesión plenaria, en contra do expediente da devandita compra que promove o propio alcalde, e que terá un custe de 3 millóns de euros. Asemade, o rexedor inclúe no mesmo punto da orde do día a recalificación desa finca, que pasaría de rústica a urbanizable.

Unha parella da Garda Civil detén a moza e un xuíz corrupto ordea a súa execución, pero a gabilla da bandoleira fai a súa aparición e sálvaa dunha morte segura mentres o maxistrado perde a súa cabeza. Logo sucédense unha serie de feitos, coma o secostro da concelleira polo cacique e o desenvolvemento da sesión plenaria, rematando cunhas esceas finais na fonte e na Praza Tupino de Flores. Polo medio, críticas sobre a suba no recibo da auga e ás licencias hostaleiras para turistas, un sono a xeito de pesadelo que ten Pepa A Loba no que a súa filla vota a favor de mercar o terreo e ela mesma a mata e unha festa final coa música tradicional de gaiteiros, tal e como foi inaugurado o percorrido da baixada.


















