Consellos do Dr Pachi Vázquez sobre o coronavirus

Consellos Médicos
Estes dias oiredes falar moito de PERÍODO DE INCUBACION da enfermidade , que é iso? pois é o tempo que pode pasar desde que te infectas polo coronavirus ata que notes os sintomas da enfermidade. No caso de coronavirus o período de incubacion na gran maioria da xente é de ata 14 dias, por tanto como hoxe xa levamos 16 dias de confinamento, todas aquelas persoas que non tivesen sintomas nestes 16 dias e fixesen correctamente o illamento non estaran infectados polo que tampouco contaxiasen a ninguén.
Por tanto hai que manter o confinamento e todas as medidas de hixiene e seguro que empezará a baixar o numero de contagios
Ánimo e Quedate na casa

—————————————————–

AVANTAR ACTIVIDADES

Os dias van pasando e estamos tan preocupados co coronavirus que algunhas persoas corren o risco de esquecerse das súas enfermidades habituais e agora máis que nunca teñen que estar no mellor estado de saúde ,por iso hoxe ídesme a permitir uns consellos para eles.
Consello medico
Os pacientes que son grupos de risco, teñen que estar mais controlados que nunca por iso lembrade:
Hipertensos: mantede os controis de tensión, tomade diariamente a medicacion e dieta sen apenas sal.
Diabeticos: control estrito da dieta, tomade medicación habitual e moita hixiene sobre todo dos pés
Enfermos que toman anticoagulantes (Sintrom etc.) tomade a medicación e facede puntualmente os controis de sangue ( fanos sen baixar do coche en centros de saúde previa cita)
E sobre todo consultade as dúbidas,co voso médico.
Animo e todos en casa.