O PSOE de Punxín alerta sobre a sanción da Xunta ao Concello por incumprimento no servizo de axuda no fogar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O PSdeG-PSOE de Punxín subliña que a sanción da Xunta de Galicia ao concello por incumprimentos no servizo de axuda no fogar danlle a razón ás e os socialistas nas súas continuas denuncias polo mal funcionamento do servizo. Dende o grupo municipal socialista lembran que “levamos anos denunciando e alertando das deficiencias e incumprimentos do servizo de axuda no fogar”. As e os socialistas explican que ante estas denuncias “a resposta do goberno municipal foi sempre a mentira e que o servizo estábase prestando en todo
momento de forma correcta, algo que queda en evidencia despois desta sanción”.

A voceira do PSdeG-PSOE en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, afirma que “non nos sorprende esta sanción por incumprimentos no servizo de axuda no fogar”, xa que tal e como apunta “non é algo novo, xa que levamos dende a pasado mandato denunciando as graves carencias xistentes”. A edil socialista considera que esta sanción “danos a razón e amosa que o bigoberno municipal mentiu descaradamente cando afirmaba que o servizo funcionaba correctamente”.

Peleteiro Vázquez subliña que “namentres un servizo tan esencial como a axuda no fogar se presta con incumprimentos, o goberno municipal aposta por vender a bombo e platillo novas e investimentos que nada teñen que ver ca realidade de Punxín”. A voceira socialista considera que a xestión do bigoberno do PP e CxG “é nefasta e esta sanción da Xunta confírmao, unha vez máis, a pesar das negativas do goberno municipal a confirmar ditos incumprimentos”.

O PSdeG-PSOE de Punxín xa denunciou no anterior mandato e en varias ocasións os “graves” problemas do servizo de axuda no fogar. Tal e como apunta, a veciñanza “xa nos trasladou en numerosas ocasións os problemas na organización do servizo, pero o goberno municipal negou a maior, en lugar de buscar solucións para os usuarios e usuarias e as súas familias”.