Entrega do XXXII Premio Xosé Aurelio Carracedo á xornalista Tamara Montero

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O vindeiro 5 de xuño, ás 12,00 horas, celebrarase no Salón de Plenos do Pazo Provincial o acto de entrega do XXXII Premio Xosé Aurelio Carracedo á xornalista Tamara Montero, polo seu artigo “Casaio, a cartografía invisible da guerra”, publicado en La Voz de Galicia o 22 de setembro de 2021.

Ese mesmo día o xurado do certame reunirase no Pazo Provincial para convocar a edición número XXXIII deste premio, convocado anualmente pola Deputación de Ourense co obxectivo de pór en valor o xornalismo de calidade feito en Galicia e honrar a memoria de Xosé Aurelio Carracedo, falecido en 1988.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO