Ribadavia comeza este venres a programación das Festas do Portal con “O país das bandas”

Este venres día 3 comeza a programación das festas patronais do Portal, en Ribadavia. Comezarán co espectáculo familiar “Cano Canyon Circo”, ás 19:00 horas na Praza de San Xoán. E o venres tamén se poderán desfrutar das fotos antigas do Arteficial nunha exposición na Madalena.

O prato forte será o ciclo “O país das bandas”, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares, e chega o venres a Ribadavia cun concerto da Agrupación Musical do Rosal, no Auditorio do Castelo ás 22,30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A banda de música da Agrupación Musical do Rosal presentouse ao público en 1986 e desde entón organiza numerosos actos culturais, entre os que destaca o Festival de Músicos Xoves, creado en 1989. Actualmente está formada por 80 compoñentes baixo a batuta de Javier Alonso Pérez.

O repertorio previsto para o venres inclúe as pezas Enríque López, The hounds of spring, Magellan´s voyage to unknown continent, Danza sinfónica, Brincadeira, Xastrería de música e Carapaus.

O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.