A comunidade galega rexistra hoxe 83 contaxios novos, un lixeiro ascenso con respecto a onte. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.729, unha cifra que descende en apenas unha vintena de casos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 14 (-1) están en UCI, 65 (-3) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta un leve descenso. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben en 3 persoas con respecto a onte, ata os 163 casos activos. Nos hospitais hoxe a situación amosa estabilidade. Contamos con 7 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (+1) na UCI.