A Deputación e a ONCE alíanse na difusión dos Magostos de Ourense

Presentación co Cupón da ONCE para o próximo dia 11 de novembro de 2022 día de San Martiño patrón de Ourense. Asisiten Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Ourense), Jesús Sánchez Garcia (Director da ONCE en Ourense) e Luz Rodríguez Pombo (Vendedora da ONCE).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

 Os Magostos de Ourense serán o protagonista do cupón da ONCE do xoves 10 de novembro. A organización social vai a distribuír 5 millóns de cupóns por toda España cun motivo que incorpora as imaxes da Catedral de Ourense e a estatua da Castañeira -obra de Xosé Cid situada fronte á Subdelegación do Goberno-, xunto á palabra Ourensanía. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, reuniuse esta mañá no Centro Cultural Marcos Valcárcel co director da ONCE en Ourense, Jesús Sánchez, e a vendedora da ONCE Luz Rodríguez Pombo, para presentar este cupón. 

Rosendo Fernández destacou a importancia dunha iniciativa coa que “vamos a seguir difundindo unha das festas senlleiras e que, sen dúbida, axudan a conformar a nosa identidade como ourensáns”, a través dun cupón que incorpora “símbolos icónicos da nosa terra, como é a Catedral e a Castañeira, figura tan deste tempo de magostos, xunto á propia Ourensanía”. 

O vicepresidente tamén resalta a “alianza entre a Deputación e a ONCE” e gaba a “importante labor desta organización social, cunha longa traxectoria trufada de importantes fitos en prol da igualdade de oportunidades e a xustiza social”. 

Os cupóns da ONCE comercialízanse polos máis de 19.000 vendedores e vendedoras da organización.