O Carballiño afianza a tendencia á baixa cun caso menos ata os 8 contaxiados

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 15 contaxios. O Concello do Carballiño baixa un caso con respecto a onte, ata os 8 contaxiados. Este concello recupera a tendencia á baixa.

Publicidade

O Irixo mantén 4 persoas contaxiadas e San Cristovo de Cea sobe hoxe un caso para contar con tres persoas contaxiadas.

Os demais concellos, Beariz, Boborás, Punxín, Piñor, Maside e San Amaro están libres de covid.

Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo o que implica unha maior capacidade de servizo da hostalería cun 50% de aforo interior e un 75% en terraza.