- A poboación aínda está a tempo de inscribirse en teatro de iniciación e perfeccionamento para adultos, e nas disciplinas de baile de danza moderna, ritmos latinos II, zen e zumba
O Carballiño, 29 de setembro de 2026
O Concello do Carballiño, a través da área de Cultura, fomenta a formación artística en teatro e danza da veciñanza de todas as idades. As escolas municipais, que abriron neste mes de setembro as súas inscricións, ofrecen un total de 140 prazas formativas para o próximo curso. Polo de agora, xa están completos os cupos de teatro infantil e iniciación aos ritmos latinos.
A Escola Municipal de Teatro aínda conta con prazas dispoñibles para iniciación de persoas adultas e para perfeccionamento, tamén dirixido a maiores de idade. O horario do curso de formación é os luns, de 20,00 a 21,00 horas, e os xoves, de 19,00 a 20,30 horas. Pola súa parte, o horario para o cupo de perfeccionamento é os luns, de 21,00 a 22,00 horas, e os xoves, de 20,30 a 22,00 horas.
A Escola Municipal de Danza dispón de prazas dispoñibles en danza moderna para nenos e nenas de ata 12 anos e ritmos latinos II, zen core e zumba, as tres disciplinas dirixidas a público adulto. Os horarios de baile moderno son os luns ás 19,00 horas; ritmos latinos II son os luns ás 20,00 horas; os de zumba, luns ás 21,00 horas, e os de zen core, mércores ás 19,00 horas.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
As inscricións, que se deben realizar no departamento de Cultura (segundo andar da Casa Consistorial), permanecerán abertas ata o remate de prazas. Ademais, as persoas interesadas nos cupos completos poden anotarse nas listas de espera.

















