O libro de Xulio Dobarro, sobre o patrimonio do Irixo, xa está na libraría Escolma

IES CHAMOSO LAMAS

Xulio Dobarro presentou fai unha semana no concello do Irixo o seu libro “O IRIXO. PATRIMONIO CULTURAL” que tal e como indica o seu nome recolle o moito e bo que ten O Irixo en canto a patrimonio. Tanto o alcalde do Irixo Lito Cerdeira como o escritor Luis Tosar e outras persoas acompañaron ao escritor neste acto.

Esta obra naceu froito dunha preocupación que no seu día puxeron en común o alcalde, Manuel Penedo, -xa falecido- con respecto á normativización e normalización dos topónimos do concello. Así, a idea inicial da toponimia foise ampliando na medida que un se ía adentrando na espesura da historia, o patrimonio, as tradicións, etc. ata obter como resultado este traballo.

HIPER MASIDE

O libro quere ser un percorrido por todo aquilo que sexa susceptible de descubrir, preservar, desfrutar e legar ás xeracións vindeiras :“O Irixo polos catro costados”onde é  todo o que está, aínda que non está todo.