A Veracruz acolle o último adeus do párroco Don José Víctor Bernárdez

O xoves 28 de marzo de 2024 faleceu o Sr. D. José Víctor Bernárdez Rodríguez, párroco de San Miguel de Armeses, Santa María de Freás de Maside, San Cibrao de Lás, San Xoán de Ourantes, San Xoán de Piñeiro de Maside, Santa María de Punxín, San Mamede de Rañestres e Santa Comba de Treboedo.

O funeral polo seu eterno descanso celebrouse esta mañá coa condución dende o velorio, ata o templo parroquial da Veracruz do  Carballiño. Posteriormente, os seus restos foron soterrados no panteón familiar do cemiterio de Razamonde – Cenlle.

AVANTAR ACTIVIDADES

D. Víctor naceu en Razamonde en maio de 1981. Foi ordenado presbítero o 16 de xuño de 2007 en Ourense e o seu primeiro destino foi como Formador no Seminario Menor de Ourense. Despois desa etapa que durou 5 anos, encargouse da maioría das parroquias que tiña na actualidade.