A opinión de Xosé González: “A lingua  das forzas e corpos de seguridade”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O artigo 2.3. da Constitución española establece que “a riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é un patrimonio cultural que será obxecto de especial repeto e protección”. Os estatutos dos territorios con autonomía propia quedaron facultados para lexislar sobre esa aludida protección. Mais ese reparto competencias non exime ao Estado de asumir a parte alícota que lle corresponde no fomento de medidas de política lingüística.

O Real Decreto 798/2025  crea e regulamenta o Consello das Linguas Oficiais e a Oficina para as Linguas Oficiais, dispoñendo  que “a oficinalidade de ditas linguas vencellará,xa que logo, a todos os poderes públicos no territorio, incluída a Administración Xeral do Estado”. O Tribunal Constitucional nunha sentenza de 1986 xa advertira o obrigado recoñecemento da pluralidade lingüística.

A Irmandade Xurídica Galega vénse manifestando nesa liña doutriñal, de aí que alertase moitas veces das desacertadas opinións que non interpretan correctamente o alcance da cooficialidade. É certo que as competencias en defensa do patrimonio cultural son maioritariamente da Xunta de Galicia; pero tamén das corporacións locais nas que podemos observar o escaso uso da lingua galega das respectiva policias locais,e tamén doutros organimos autónonomos. A teor do preceptuado pola Lei de Normalización  están obrigados a desenvolveren políticas lingüísticas propias (“os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas”…). Neste senso cómpre salientar a iniciativa promovida pola Irmandade Xurídica Galega o pasado ano para que Xunta de Galicia e Ministerio de Xustiza asinasen o acordo de galeguizar o programa informático Atenea.

Con estes fundamentos xurisprudenciais e lexislativos, a Irmandade Xurídica Galega  celebrará o próximo día 9 de xullo, ás 18:30, no Paraninfo da USC un acto de sinatura da “Declaración sobre o uso das linguas oficiais nas relacións entre a cidadanía e as forzas e corpos de seguridade do Estado”, coa presenza de representantes  cualificados do Goberno central do que dependen os da Policía Nacional, Garda Civil, Servizo de Vixianza Aduaneira e Policía Autonómica. Tamén participará a Fegamp, que engloba a todos os concellos que teñen policiais locais, e a Fiscalía Superior de Galicia.  O IMELGA, que o ano pasado tramitou máis de 34.000 pericias forense, estará representada pola Xunta de Galicia. Ese caudal documental potenciará a presenza do noso idioma nas institucións que os tramiten.

A Irmandade Xurídica Galega, que articulou este acordo coa Delegación do Goberno e Xunta de Galicia, pretende que as FCSE, recoñezan a oficialidade lingüística do galego, “promovendo e facendo normal o uso do galego, tradicionalmente excluído, nas relación orais e escritas coa cidadanía,  incorporando a lingua galega na tramitación dos procedementos administrativos nos informes da Policía Científica que teñan por destinatarios as Seccións de Instrución dos Tribunais de Instancia dos Partidos Xudiciais de Galicia”. A participación e implicación de dona Aïna Calvo Sastre, Secretaria de  Estado de Seguridade, é a mellor garantía do éxito deste acordo.

Este compromiso inclúe tamén “tomar a iniciativa en galego para atender chamadas, iniciar conversas e procedementos, sen prexuízo do dereito que asista á cidadanía a relacionarse e optar por calquera das linguas cooficiais. Neste sentido asumimos o compromiso de tomar declaracións ás persoas interesadas na lingua da súa elección e a empregala para a redación escrita da mesma”.

Para todo isto cómpre adecuar os procedementos informáticos de uso nas oficinas policiais. As institucións asinantes, ao tempo, comprométense  á formación contínua e respeto do coñecemento do galego oral e escrito, asi como dos dereitos lingúísticos da cidadanía nas súas relacións coas FCSE,facendo fincapé na importancia que ten neste proceso a Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta de Galicia.

*Presidente do Foro E. Peinador.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Outros artigos de Xosé González:

A opinión de Xosé González: “Unha vez máis no Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “Premios Peña Novo aos compromisos coa lingua”

A opinión de Xosé González: “Mondariz e Enrique Peinador Porrúa”

A opinión de Xosé González: “A memoria do doutor Garcia-Sabell

A opinión de Xosé González: “Carme Vaquero, unha muller excepcional na historia do municipalismo galego”

A opinión de Xosé González: “Academia do Couto Mixto”

A opinión de Xosé González: “En galego, agora e sempre, en Parada do Sil”

A opinión de Xosé González: “O galeguismo de Pepe Cotarelo”

A opinión de Xosé González: “Policía, gardas civís e outros axentes da autoridade”

A opinión de Xosé González: “A lingua galega e os corpos policiais”

A opinión de Xosé González: “Cartas a meu pai”

A opinión de Xosé González: “Comemos e bebemos en galego?”

 A opinión de Xosé González: “Interpretación da cooficialidade lingüística”

 A opinión de Xosé González: “O exemplo galeguista do presidente do parlamento de Galicia”

 A opinión de Xosé González: “A memoria de Álvaro Gil e o centenario dun congreso”

A opinión de Xosé González: “Adegas Terra de Asorei”

Xosé González: “En Galego, agora e sempre”

A opinión de Xosé González: “Embutidos Lalinense, unha empresa galeguizada e galeguizadora”                                                                                   

A opinión de Xosé González: “un agosto para lembrar”

A opinión de Xosé González: ” Repensar a celebración do Día da Patria”

A opinión de Xosé González: “Virginio Fuentes Martínez”

A opinión de Xosé González: “O Couto Mixto, unha democracia inédita no seu tempo”

A opinión de Xosé González: “Premios Lois Peña Novo 2025”

A opinión de Xosé González: “Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: “García Cotarelo, arquitecto da estrutura administrativa da Xunta de Galicia”

A opinión de Xosé González: “Dario Álvarez Blázquez,  médico humanista e galeguista.”

A opinión de Xosé González: “No Lerez,  homenaxe a “Barriga Verde””

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro, un exemplo de restauración galeguista”

A opinión de Xosé González: “Victorino Gutiérrez Aller, notario galeguizador”

A opinión de Xosé González: “Avelino Cachafeiro Bugallo, Memoria e Lingua”

A opinión de Xosé González: “Cando a literatura ten outras finalidades”

A opinión de Xosé González: “En Mos, dito e feito”

A opinión de Xosé González: “As mentiras nos relatos históricos”

A opinión de Xosé González: “No concello de Xermade celebrarase  o día da restauración da memoria lingüística”

A opinión de Xosé González: “lembrando a Xosé Manuel Rodríguez-Abella”

A opinión de Xosé González: “Premios Bacelos de Prata 2024”

Xosé González: “Vertebrar o país. A lingua nas empresas”

A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”

A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”

A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “

A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “

A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”

A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “

A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”

A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”

A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”

A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”

A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”

A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”

Xosé González: “Os montes veciñais en man común “

Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”

Na Limia en Galego, Agora e Sempre

A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”

A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”

A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”

A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”

A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”

A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”

NO DÍA DA PATRIA GALEGA

A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”

A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”

A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “

A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------