O concello de San Amaro organizou este pasado sábado a segunda edición da Feira do Viño, que contou con 14 colleiteiros. A súa finalidade principal é a de reivindicar a incorporación de máis superficie dentro da Denominación de Orixe Ribeiro.
O presidente da Deputación destacou o viño como un dos grandes tesouros ourensáns. Considerou que ó xa contar cunha pequena parte dentro da Denominación, é lóxico que aspiren a seguir medrando. Amosouse confiado de que as administracións competentes estuden este aumento de superficie.
O delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tamén quixo amosar o seu apoio a esta iniciativa, sendo ademais veciño de Cenlle, concello con tradición vitivinícola.